Manuel Lourenzo Sobral
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1979 ![]() Soutomaior, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | catedrático , político ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Manuel Antonio Lourenzo Sobral, nado en Soutomaior en 1979, é un político galego do Bloque Nacionalista Galego.
![Papeleta do BNG para o Parlamento galego, eleccións xullo 2020.](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/27/Papeletas_electorais_Elecci%C3%B3ns_ao_Parlamento_de_Galicia_2020_pospostas_circunscrici%C3%B3n_electoral_de_Pontevedra-BNG.jpg/220px-Papeletas_electorais_Elecci%C3%B3ns_ao_Parlamento_de_Galicia_2020_pospostas_circunscrici%C3%B3n_electoral_de_Pontevedra-BNG.jpg)
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, foi profesor de Ensino Secundario en Redondela. Concelleiro en Soutomaior polo BNG dende 2013. Encabezou a candidatura do BNG en dito concello nas eleccións municipais de 2015 e 2019, conseguindo unha mellora notable dos resultados da súa formación e quedando no 2019 a 43 papeletas de lograla vitoria sobre o PPdeG.
Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 foi o número 4 da candidatura do BNG pola provincia de Pontevedra[1] e foi elixido deputado. Volveu encabezar a candidatura do BNG en Soutomaior nas eleccións municipais de 2023 sendo a forza máis votada con 6 concelleiros[2], polo que foi elixido alcalde logrando o apoio da única concelleira do PSdeG, ca que formaría goberno.
Predecesor: Agustín Reguera Ocampo |
![]() Alcalde de Soutomaior 2023 - actualidade |
Sucesor: no cargo |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Resolución do 15 de xuño de 2020 pola que se fan públicas as candidaturas proclamadas…" Diario Oficial de Galicia n.º 117, do 16/6/2020.
- ↑ "Manu Lourenzo doblega a Reguera y alcanza la alcaldía". Diario de Pontevedra. 2023-05-29. Consultado o 2023-07-08.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Manuel Lourenzo Sobral Arquivado 17 de agosto de 2020 en Wayback Machine. na páxina web do Parlamento de Galicia.